Dirección: Jaione Camborda Coll
Produción: Esnatu Zinema
Dirección de fotografía: Alberte Branco
Produción: Esnatu Zinema
Dirección de fotografía: Alberte Branco
Sevilla 2019 (Mellor Dirección Nuevas Olas) / Márgenes 2019 (Mellor Filme Sección Escáner) / Festival de Xixón 2019 / Cineuropa 2019
Arima é aquilo que ves a través da brétema, aquilo que intúes mais non consegues ver con claridade. Un soño, un recordo, un desexo. Arima é a historia de catro mulleres e unha cativa que se ve alterada pola chegada inesperada de dous forasteiros. Un deles fuxe do outro, agochándose pola vila coma un ser fuxidío, fantasmagórico e de dubidosa existencia. O outro, un home ferido e cunha arma, perturbará de diferentes formas a vida das mulleres. Todo isto moverase na fronteira entre o real e o imaxinado, entre o pesadelo e o soño, entre o medo e o desexo, nunha historia impregnada de misterio.