Dirección: Berio Molina / Alexandre Cancelo
Produción: Acusmaser films / Xas Films / SINSALaudio
Dirección de fotografía: Fon Cortizo
Produción: Acusmaser films / Xas Films / SINSALaudio
Dirección de fotografía: Fon Cortizo
IV Premios CREA (Premio á mellor dirección de obra experimental) / IIEFF. Istambul International Experimental Film Festival / Proceso de error. Festival Internacional de Video Experimental / Cineautopsia. Festival de Cine Experimental de Bogotá / Codec. Festival Internacional de Cine Experimental y Video / Márgenes. Festival de Cine Independiente de Madrid / Festival WOS de Santiago de Compostela / (S8) Mostra de cinema periférico
Sete grupos de enmascarados percorren diferentes paisaxes. Nas súas codias levan fósiles debuxados, a presenza dunha identidade descoñecida. Cos seus movementos golpean o chan das cidades e fan vibrar as súas estruturas, a súas construcións, modificando a paisaxe sonora que escoitan os seus habitantes. Contemplan en silencio o colapso das ruínas mentres asisten á morte do legado utópico dos seus creadores. Capturan o vento mentres menean o seu corpo, revelando as voces que foron separadas da linguaxe, os ruídos que foron quitados dos obxectos. 7 Limbos vólvese cara ao espectador e convídao: Ven bailar comigo, non traias nada. 7 Limbos é unha viaxe sonora polas veladuras do espectral.